A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, organizou a noite deste xoves, 27 de novembro, a partir das 19.30 horas, unha gala de “posta de largo” da primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia
A cita tivo lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde foron entregados os premios nun animado encontro sectorial cun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega
A pontevedresa Tamara García Romero foi a encargada de guiar o evento, mentres que Señora DJ púxose aos pratos para animar coa súa pinchada a clausura da velada
Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen neste 2025 para poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade no sector musical galego
GAÑADORAS E GAÑADORES DOS I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA
Mellor deseño de iluminación: Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
Mellor implementación de son: Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
Mellor empresa provedora de servizos: Vacaline.
Mellor profesional de produción: Xabi Carnota.
Mellor manager: Kin Martínez.
Mellor produción discográfica: Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
Mellor posta en escena: Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
Mellor promotor/a-programador/a: Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
Mellor proxecto de comunicación: Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.
Mellor identidade visual: Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor videoclip: Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor evento cultural / musical: Surfing the Lérez.
Mellor espazo musical: Sala Capitol.
Mellor proxecto de sustentabilidade: Festival de la Luz.
Artista do ano: Carlos Ares.
Persoa do ano: Francisco Gómez ‘Gandy’.
Excelencia na experiencia do público: Surfing the Lérez.
Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, xa teñen gañadores e gañadoras. A gala de entrega de premios tivo lugar este xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, nun encontro sectorial que deu comezo contra ás 19.30 horas.
A pontevedresa Tamara García Romero foi a presentadora encargada de conducir o encontro e anunciar ás persoas e ás iniciativas premiadas, entre todas e todos os e as finalistas alí presentes. Pola súa banda, Señora DJ foi a encargada de poñerse aos pratos para animar coa súa pinchada o peche da velada.
Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e a Fundación Paideia elixiu ás e aos gañadoras e gañadores nas 14 categorías xerais dos premios:
Mellor deseño de iluminación: Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
Mellor implementación de son: Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
Mellor empresa provedora de servizos: Vacaline.
Mellor profesional de produción: Xabi Carnota.
Mellor manager: Kin Martínez.
Mellor produción discográfica: Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
Mellor posta en escena: Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
Mellor promotor/a-programador/a: Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
Mellor proxecto de comunicación: Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.
Mellor identidade visual: Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor videoclip: Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor evento cultural / musical: Surfing the Lérez.
Mellor espazo musical: Sala Capitol.
Mellor proxecto de sustentabilidade: Festival de la Luz.
Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionou outras dúas categorías:
Artista do ano: Carlos Ares.
Persoa do ano: Francisco Gómez ‘Gandy’.
Finalmente, houbo un premio por votación popular:
Excelencia na experiencia do público: Surfing the Lérez.
SOBRE OS I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA
Os Premios da Industria Musical de Galicia nacen da man da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), entidade que defende os intereses profesionais das entidades galegas ligadas á xestión cultural e aos espectáculos vinculados á música ao vivo. A iniciativa pretende visibilizar e poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas no eido musical que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade. En definitiva, exemplos a seguir no sector profesional galego.
En palabras da presidenta de AGEM, Patricia Hermida, “a música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para celebralo, para agradecer o talento e o compromiso de quen fai posible o seu crecemento, e para recoñecer o valor das persoas e proxectos que converten a nosa industria nun verdadeiro motor cultural e humano para Galicia”.
Deste xeito, os I Premios da Industria Musical de Galicia, promovidos por AGEM co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, pretenden ser unha ferramenta para dar visibilidade ao talento galego e fortalecer a industria musical como motor cultural, social e económico. Con esta iniciativa, AGEM reafirma o seu compromiso de traballar colectivamente por un sector máis profesional, recoñecido e sostible. Os premios nacen no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, asinado por AGEM co impulso da Xunta de Galicia.
Un xurado independente formado por profesionais expertos en xornalismo musical, divulgación, produción, creación artística, sustentabilidade e emprendemento cultural foi o encargado de propoñer as candidaturas e seleccionar ás tres iniciativas ou persoas finalistas, así como de outorgar os premios nas diferentes categorías, que se desvelaron esta noite na gala sectorial. A misión do xurado foi a de destacar aquelas persoas, empresas e proxectos que contribúen ao avance colectivo do sector e que representan boas prácticas dentro da industria musical galega.
Na súa primeia edición, os Premios da Industria Musical de Galicia premiaron un total de 17 categorías. Delas, 14 foron outorgadas polo xurado profesional: deseño de iluminación, implementación de son, provedor de servizos, profesional de produción, manager, produción discográfica, posta en escena, promotor/a-programador/a, proxecto de comunicación, identidade visual, videoclip, evento cultural/musical, espazo musical e proxecto de sustentabilidade. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionou outras dúas categorías: artista do ano (Carlos Ares) e persoa do ano (Francisco Gómez ‘Gandy’). Finalmente, houbo un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público, que recaeu no Surfing The Lérez.
A noite deste xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Compostela, celebrouse un encontro sectorial no que se deron a coñecer os gañadores e gañadoras e foron entregados os galardóns desta primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, nun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega.
SOBRE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS (AGEM)
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace en 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas vinculadas á música ao vivo: produtoras, promotoras, managers, axentes de contratación, compañías de representación artística, editoras fonográficas e empresas técnicas, entre outras actividades relacionadas coa xestión cultural e os espectáculos.
AGEM está integrada por empresas que conforman a cadea de valor da actividade cultural e musical. Empresas que realizan actividades de deseño, xestión e produción de eventos de carácter cultural, musical, educativo, social e de entretemento, destinados a ser realizados en locais pechados ou a ceo aberto e, en xeral, todas as actividades técnicas e preparatorias para a execución destes eventos ou servizos, incluída a actividade comercial, de representación de artistas, festivais, distribución e xestión.
Estas entidades traballan en distintos mercados de artistas internacionais, que conforman as programacións de numerosos festivais e espectáculos producidos en Galicia e noutros territorios. Igualmente, hai empresas que representan a diversos artistas, na súa maioría galegos, que traballan en mercados de todo o mundo. As socias de AGEM son promotoras de festivais maioritariamente producidos en Galicia, pero tamén noutros territorios. Empresas de produción técnica e persoal técnico especializado que traballan en numerosos espectáculos producidos dentro e fóra de Galicia. Distintas gravacións producidas ou editadas por integrantes de AGEM teñen repercusión en mercados internacionais e son sincronizadas tanto a nivel fonográfico como editorial en producións audiovisuais; longametraxes, curtas, documentais e publicidade.
O impulso industrial propiciado por AGEM vai máis alá do facturado polas empresas asociadas. O impacto económico dos espectáculos nos que participa AGEM, tanto de artistas en solitario coma de festivais, é de mais de 100 millóns de euros. As empresas que conforman AGEM son a raíz do sector cultural e resultan fundamentais na industria global da cultura, na música e no seu tecido económico.
O PARQUE DO PASATEMPO DE BETANZOS RECIBIRÁ OS PRÓXIMOS 26 E 27 DE XUÑO A ALGÚNS DOS MELLORES ARTISTAS A NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL DO STONER ROCK E DOOM METAL
AS ENTRADAS ESTÁN XA Á VENDA DENDE 57€ EN FUMEGAFEST.COM
O festival Fumega Fest volve a sorprender co lanzamento do cartel completo da súa segunda edición, apostando por traer ao Parque do Pasatempo de Betanzos a algún dos mellores nomes a nivel europeo do Stoner Rock e o Doom Metal. Artista da talla de Conan (Reino Unido), Stoned Jesus (Ucraína), Burst (Suecia) ou Causa Sui (Dinamarca) son os grandes reclamos dun evento que terá lugar os próximos días 26 e 27 de xuño. Xunto a eles, conforman o cartel grupos da talla de Wet Cactus (Cantabria), Men Eater (Portugal), Travo (Portugal), Moura (A Coruña), Luciférnaga (Vigo) e Volcanova (Islandia).
Estas confirmacións afianzan o status do festival como unha das grandes referencias dos xéneros na Península Ibérica, así como o principal evento dos mesmos en España. Os abonos para os dous días do festival están xa dispoñibles dende 57€ na páxina web do festival, www.fumegafest.com e Enterticket.es. Os abonos sairán á par que o acceso á acampada, que terá un custo de 22€ e acceso os dous días de festival.
Os ritmos intensos, as guitarras distorsionadas e as atmosferas sonoras encherán de novo Betanzos tras o bo sabor de boca do festival, celebrado este pasado verán. Recuperando o espírito rockeiro e metaleiro do Parque do Pasatempo, o festival busca seguir dando pasos cara asentarse como evento referencia na Península Ibérica para os xéneros saídos do rock e o metal alternativos.
Fumega Fest é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados de festivais como BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas ou Festival do Pasatempo, así como das carreiras de artistas como Hugo Guezeta, Vimbio ou Sabela.
O evento conta coa colaboración institucional do concello de Betanzos e o patrocinio de El Águila.
COÑECE AOS ARTISTAS DO FUMEGA FEST
Un dos grandes nomes desta edición é Stoned Jesus, banda ucraína formada en Kyiv en 2009. Cunha traxectoria de case 500 concertos por Europa e Sudamérica, compartiron escenarios con bandas lendarias como Black Sabbath, Deep Purple, Rammstein, Slayer ou Gojira. Sempre en evolución, Stoned Jesus continúa explorando novos camiños sonoros, consolidando un son propio que mestura doom, prog e grunge.
Xunto a eles, estará Conan, banda británica de doom metal formada en Liverpool, coñecida polo seu son extremo, distorsionado e afinacións profundamente baixas. Convertéronse nun referente absoluto do xénero, chegando a ser descritos como “títáns da escena doom metal”.
Un dos nomes máis exclusivos desta nova edición do Fumega Fest será Burst, banda sueca de metal progresivo que, tras anos de evolución e pausas indefinidas, volven para seguir vendo como medra a súa reputación e respecto na industria grazas a discos aclamados e directos poderosos, nos que combinaban atmosferas expansivas, ferocidade metálica e grandes grooves.
O último dos cabeza de cartel é Causa Sui, banda danesa que leva en activo dende o 2005. Tras dous primeiros discos de heavy-psych, evolucionaron cara sons máis experimentais e instrumentais, con influencias que van desde o Miles Davis eléctrico ou o stoner-rock americano. O seu estilo foi definido como unha gran onda que percorre cinco décadas de rock, creando paisaxes sonoras expansivas e hipnóticas que os consolidan como unha referencia esencial da psicodelia contemporánea.
O festival tamén contará cun dos grandes nomes da escena estatal como é Wet Cactus, banda cántabra que se move entre o stoner máis clásico e o grunge dos noventa, formada no verán de 2013. Por primeira vez no festival, haberá presencia do país veciño con dúas bandas portuguesas, contando con Men Eater, banda punteira da escena rock/metal xa catalogada como unha das agrupacións máis impactantes do país. Xunto a eles, actuará Travo, outra das bandas máis potentes da escena rock, caracterizados polos seus sons que combinan psych rock, stoner, garage e enerxía punk.
Outro ano máis, destaca a presenza das agrupacións punteiras da escena galega, coa participación de Moura, banda coruñesa que aposta pola fusión de rock progresivo, psicodelia e folclore tradicional, creando unha experiencia sonora case ritual; e Luciférnaga, banda viguesa que destaca polos seus sons pesados e envolventes, que beben do doom e do stoner metal, explorando a escuridade humana a través de riffs densos e letras introspectivas. A nota máis exótica apórtana Volcanova, que chegarán dende Islandia co seu stoner rock cheo de fuzz, grooves poderosos e harmonías vocais a tres voces.
A Asociación Galega de Empresas Musicais, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, organiza a primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, que buscan poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade no sector musical galego
A Sala Capitol de Compostela acollerá a noite deste xoves, desde ás 19.30h, a gala de entrega de premios: un encontro sectorial no que se darán a coñecer as e os gañadores nas diferentes categorías e se entregarán os galardóns ás e aos premiadas e premiados
A pontevedresa Tamara García Romero será a presentadora encargada de conducir a gala, mentres que a pinchada para clausurar a velada correrá a cargo de Señora DJ
Así o presentou a mañá deste martes 25 a Xunta Directiva de AGEM, que visitou a montaxe do evento na Sala Capitol acompañada polo director da Agadic Jacobo Sutil
*Nas dúas imaxes aparecen:Jacobo Sutil, director de Agadic; Ángel Dieste, secretario de AGEM;Patricia Hermida, presidenta de AGEM; e Josiño Carballo, secretario de AGEM.
Os Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, quentan motores para a celebración da súa gala de entrega de premios este xoves, 27 de novembro, en Santiago de Compostela. O evento terá lugar na Sala Capitol a partir das 19.30 horas. Así o presentou está mañá a Xunta Directiva de AGEM, que realizou unha visita á ontaxe da gala na sala de concertos santiaguesa xunto ao director da Agadic Jacobo Sutil.
Como novidade, AGEM anunciou que a pontevedresa Tamara García Romero será a presentadora encargada de conducir a noite deste xoves a gala: un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores no resto de categorías e se entregarán os galardóns a todos os e as premiadas. Pola súa banda, Señora DJ será a encargada da pinchada que peche a velada.
SOBRE OS I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA
Os Premios da Industria Musical de Galicia nacen da man da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), entidade que defende os intereses profesionais das entidades galegas ligadas á xestión cultural e aos espectáculos vinculados á música ao vivo. A iniciativa pretende visibilizar e poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas no eido musical que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade. En definitiva, exemplos a seguir no sector profesional galego.
En palabras da presidenta de AGEM, Patricia Hermida, “a música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para celebralo, para agradecer o talento e o compromiso de quen fai posible o seu crecemento, e para recoñecer o valor das persoas e proxectos que converten a nosa industria nun verdadeiro motor cultural e humano para Galicia”.
Deste xeito, os I Premios da Industria Musical de Galicia, promovidos por AGEM co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e da Deputación da Coruña, pretenden ser unha ferramenta para dar visibilidade ao talento galego e fortalecer a industria musical como motor cultural, social e económico. Con esta iniciativa, AGEM reafirma o seu compromiso de traballar colectivamente por un sector máis profesional, recoñecido e sostible. Os premios nacen no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, asinado por AGEM co impulso da Xunta de Galicia.
Un xurado independente formado por profesionais expertos en xornalismo musical, divulgación, produción, creación artística, sustentabilidade e emprendemento cultural foi o encargado de propoñer as candidaturas e seleccionar ás tres finalistas, así como de outorgar os premios finais nas diferentes categorías, que se darán a coñecer este xoves, 27 de novembro, na gala sectorial. A misión do xurado é a de destacar aquelas persoas, empresas e proxectos que contribúen ao avance colectivo do sector e que representan boas prácticas dentro da industria musical galega.
Os I Premios da Industria Musical de Galicia premiarán un total de 17 categorías. Delas, 14 son outorgadas por este xurado profesional: deseño de iluminación, implementación de son, provedor de servizos, profesional de produción, manager, produción discográfica, posta en escena, promotor/a-programador/a, proxecto de comunicación, identidade visual, videoclip, evento cultural/musical, espazo musical e proxecto de sustentabilidade. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionou outras dúas categorías: artista do ano (Carlos Ares) e persoa do ano (Francisco Gómez ‘Gandy’). Finalmente, hai un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público, que recaeu no Surfing The Lérez.
As iniciativas e profesionais nomeados e nomeadas nas 14 categorías xerais son:
Mellor deseño de iluminación:
Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.
Mellor implementación de son:
Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.
Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.
Mellor empresa provedora de servizos:
Escena Sonora.
Luxevan.
Vacaline.
Mellor profesional de produción:
Paco Iglesias.
Victoria Blanco.
Xabi Carnota.
Mellor manager:
Aitana Cuétara.
Kin Martínez.
Manuel Tarrío.
Mellor produción discográfica:
Iago Pico, por Pouland Studios.
Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.
Mellor posta en escena:
Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA, de Mondra.
Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
Tanxugueiras, Diana Ballesteros “Dii Feeling” e Manuel Escurís por DILUVIO, de Tanxugueiras.
Mellor promotor/a-programador/a:
David Pedrouzo, de Todo Medre.
Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.
Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
Mellor proxecto de comunicación:
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña, por Aquí tamén se fala.
The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.
Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.
Mellor identidade visual:
Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.
Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.
Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor videoclip:
Lorenzo Negueruela, Yago Rodríguez, Mara Iglesias, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.
Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.
Mellor evento cultural / musical:
Noites do Porto.
Surfing the Lérez.
WOS Festival x SON Estrella Galicia.
Mellor espazo musical:
Sala Capitol.
Náutico de San Vicente.
Café Torgal.
Mellor proxecto de sustentabilidade:
Festival Agrocuir da Ulloa.
Festival de la Luz.
Festival Sinsal SON Estrella Galicia.
A noite deste xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, celebrarase un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores e se entregarán os galardóns desta primeira edición do Premios da Industria Musical de Galicia, nun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega.
SOBRE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS (AGEM)
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace en 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas vinculadas á música ao vivo: produtoras, promotoras, managers, axentes de contratación, compañías de representación artística, editoras fonográficas e empresas técnicas, entre outras actividades relacionadas coa xestión cultural e os espectáculos.
AGEM está integrada por empresas que conforman a cadea de valor da actividade cultural e musical. Empresas que realizan actividades de deseño, xestión e produción de eventos de carácter cultural, musical, educativo, social e de entretemento, destinados a ser realizados en locais pechados ou a ceo aberto e, en xeral, todas as actividades técnicas e preparatorias para a execución destes eventos ou servizos, incluída a actividade comercial, de representación de artistas, festivais, distribución e xestión.
Estas entidades traballan en distintos mercados de artistas internacionais, que conforman as programacións de numerosos festivais e espectáculos producidos en Galicia e noutros territorios. Igualmente, hai empresas que representan a diversos artistas, na súa maioría galegos, que traballan en mercados de todo o mundo. As socias de AGEM son promotoras de festivais maioritariamente producidos en Galicia, pero tamén noutros territorios. Empresas de produción técnica e persoal técnico especializado que traballan en numerosos espectáculos producidos dentro e fóra de Galicia. Distintas gravacións producidas ou editadas por integrantes de AGEM teñen repercusión en mercados internacionais e son sincronizadas tanto a nivel fonográfico como editorial en producións audiovisuais; longametraxes, curtas, documentais e publicidade.
O impulso industrial propiciado por AGEM vai máis alá do facturado polas empresas asociadas. O impacto económico dos espectáculos nos que participa AGEM, tanto de artistas en solitario coma de festivais, é de mais de 100 millóns de euros. As empresas que conforman AGEM son a raíz do sector cultural e resultan fundamentais na industria global da cultura, na música e no seu tecido económico.
A Galería NÉBOA presenta a súa proposta no Espazo de Arte do Culturgal 2025
Lugar: Espazo Arte do CULTURGAL, Pazo da Cultura, Pontevedra
Datas: 28 ao 30 de novembro de 2025 de 11h a 21h.
A Galería NÉBOA participará un ano máis no Espazo de Arte do Culturgal, que terá lugar entre o 28 e o 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta edición, a galería lucense levará os traballoS de Vicente Blanco, Andrea Davila Rubio, Alejandro Rego e Andrés Rivas Rodís.
A proposta da Galería NÉBOA para Culturgal 2025 é un diálogo entre corpos, materiais e imaxes; un encontro de voces que, desde distintos lugares, comparten unha mesma pulsión: comprender o mundo a través da fraxilidade, da transformación e do vínculo. Vicente Blanco, Andrea Davila Rubio, Alejandro Rego e Andrés Rivas Rodrís convídannos a percorrer ese territorio difuso onde o íntimo confúndese co común, onde a arte convértese en xesto, pel e memoria.
Na obra de Vicente Blanco (Cee, 1974) conflúen dous eixos entrelazados como raíces dun mesmo corpo: a construción da identidade e a interpretación da paisaxe. Desde hai décadas, o artista explora como se moldean os afectos, os desexos e as formas de ser no mundo desde espazos periféricos, invisibles, rurais, aqueles nos que el mesmo habita. A través do debuxo, Blanco constrúe un relato de xestos e miradas no que o humor e a ironía funcionan como formas de resistencia. A paisaxe, cada vez máis abstracta, transfórmase nun espazo doméstico, urbano, decorativo, onde os corpos dialogan, ameázanse ou se recoñecen. Todo na súa obra fala do delicado equilibrio entre vulnerabilidade e poder, entre amor e a súa sombra. Porque, como di o propio artista, no debuxo nada se oculta; nin os erros ou accidentes do proceso, nin os significados múltiples que cada obra pode suscitar.
Nas instalacións de Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) o corpo e a contorna deixan de ser opostos para integrarse nun mesmo sistema vivo. A artista propón unha relación horizontal entre o humano e o non humano, baseada no coidado e na reciprocidade. Davila constrúe unha rede de vínculos entre materia, corpo e paisaxe a través da figura do tubo —forma elemental e principio de tránsito. Nas súas esculturas, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca; respira, absorbe e déixase afectar. A súa práctica escultórica convértese, así, nunha poética da interdependencia: unha maneira de estar no mundo desde a permeabilidade, o coidado e a transformación compartida.
Nas fotografías de Alejandro Rego (A Coruña, 1993), o ceo convértese nun lenzo “en branco”, aínda que de cor azul: un espazo de experimentación onde a cámara actúa como pincel. As súas imaxes exploran a posibilidade de facer pintura a través da fotografía, unha pintura que cambia en cada instante, sempre distinta, sempre nova e, ao mesmo tempo, sempre a mesma. Subir ao ceo é unha serie construída a partir de pequenas polaroids que tentan abarcar o inabarcable: a inmensidade do ceo e o seu fluxo continuo de variacións.
As superficies das obras de Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000) son fragmentos dun idioma pictórico en constante mutación, onde o erro, a mancha e o borrado transfórmanse en formas de coñecemento. As cores velan e revelan, as capas respiran e deixan entrever o proceso. Na súa obra, a imaxe convértese en pel que se reconstrúe, unha gramática da incerteza que oscila entre o analítico e o intuitivo.
Información práctica
📍 Espazo Arte, Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. 📅 28 – 30 de novembro de 11h – 21h.
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a representación teatral QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?, a cargo do grupo OS PALIMOQUIÑOS (ESCOLA PALIMOCO TEATRO), dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado, convocado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro, ás 12:00 horas, nos arredores da Casa da Cultura de Vilalba. No caso de climatoloxía adversa, a función levaríase a cabo no interior da Casa da Cultura.
LIDEIRA, está formado por Gabi Reboredo (voz e percusión), Sara Méndez (saxofón soprano) e Lois Prado (saxofón tenor).
Unha proposta cun son moi persoal das nosas músicas de tradición oral. Son procurado a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías.
Para asistir ao concerto deste sábado é necesario reservar (billete 5 euros en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621)
Este vindeiro sábado 29 de novembro terá lugar un novo recital dentro do Ciclo 1/2 HORA DE POESÍA que se vén celebrando na taberna cultural A Despensa do Saa de Lugo. Baixo o lema Poesía contra a barbarie, esta nova sesión poética contará coa participación do poeta chairego Martiño Maseda, que estará acompañado pola tamén poeta e escritora Beatriz Dourado, encargada da presentación do autor nado na parroquia vilalbesa de Xoibán.
Esta iniciativa cultural, que comezou a finais do 2024, está promovida polo escritor Manuel Vázquez e polo propietario e activista cultural Xosé Manuel Saa Vázquez. Desde que botou a andar xa pasaron pola Despensa do Saa as voces literarias ou artísticas de Marica Campo, Luís Valle, Xulio Pardo de Neyra, Ánxela Gracián, Xulio López Valcárcel, Nieves Neira Roca, Toño Núñez, Xesús Trashorras, Diana Varela Puñal, Christian Villamide… ou a da propia Beatriz Dourado.
Ademais deste ciclo de recitais poéticos, na Despensa do Saa tamén se celebran presentacións de libros, coloquios ou conferencias, sen esquecer o acompañamento musical en moitas desas actividades culturais que acolle o local lucense.
A obraCORPO DA PALABRA, de Rafael Catoira, foi recoñecida cun accésit
No mediodía deste sábado tivo lugar a entrega de premios do VIII Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA no local da Biblioteca Rural San Martiño de Pino. Este certame é convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, coa colaboración de Culturalia GZ e a Xunta de Galicia.
O xurado desta edición, integrado por Armando Requeixo, Adolfina Mesa e Xosé Otero Canto, aos que acompañaba Martiño Maseda, con voz mais sen voto, reuniuse para deliberar e dar a coñecer o resultado de dita deliberación. Así acordaron conceder os seguintes galardóns:
1º Premio á obra Chernóbil revival, cuxa autoría corresponde a Abraham Pérez, que recibe 1.500 € e mais a edición da obra.
Accésit á obra Corpo da palabra, da que resultou autor Rafael Catoira, consistente na publicación de dita obra.
De Chernóbil revival o xurado salientou o seu propósito compositivo, onde destaca a estrutura en prosa poética alternando con outra estrutura versal máis clásica, e coa intencionalidade de brincar pontes entre espazos interiores e exteriores, nun xogo continuo de vibrantes imaxes, como un tránsito por lenzos abstractos de poesía, que desembocan nun corpus de reivindicación existencialista fronte ao cataclismo que se precipita sobre o tempo da vida.
Pérez, que xa acadara neste mesmo certame poético un accésit coa obra unha teoría para os espectros, afirmou que con Chernóbil revival pechaba o que el dera en chamar a pentaloxía do óxido, conformada polos textos das dúas obras anteriormente citadas e polos de Fragmento / Creba, toxicidade e O corpo transparente das horas. Tamén cabe referenciar que forma parte do grupo poético Lupercais.
De Corpo da palabra o xurado apuntou como, partindo dunha estrutura compositiva máis clásica có poemario anterior, supón un reclamo emocional da linguaxe, da palabra na súa esencia máis íntima, para servir de expresión configuradora dunha realidade que nos viste e nos afecta. Unha exaltación do ser a través do gume afiado da palabra que o rabuña e define.
O vindeiro 13 de decembro, no Museo das Aves de Cospeito, celebrarase a presentación das obras de Fran Fernández Dávila e Amauta Castro,
e A vasteza do nó, respectivamente, premiadas na 7ª edición do Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA.
O acto é posible grazas afinanciación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, xunto á exposición Retratos, de Pedro Cabarcos.
A banda de Sigüeiro, que navega desde os confíns do garaxe até o power pop e o rock&roll máis delicado, celebrará no 2026 unha ducia de anos de concertos catárticos e himnos poderosos, coma ‘Romper Espagna’, ‘Surfistas nazis’ ou ‘Castromil’, entre outros moitos
O quinteto publicará o 27 de novembro ‘De paseo en Portugal’, o primeiro avance do seu novo LP, producido por Raúl Pérez (La Mina)
Hoxe non é outro día máis. Familia Caamagno, o quinteto co directo máis divertido e poderoso da escena galega, regresará aos escenarios a principios de 2026. No mes de xaneiro, o grupo presentará un novo disco producido por Raúl Pérez, do estudio granadino La Mina, coñecido por ser o espazo no que gravan as bandas de pop e rock máis coñecidas a nivel estatal, e que vén de ser galardoado polas súas mesturas nos Latin Grammy.
O primeiro avance da esperada volta da Familia Caamagno logo do seu exitoso álbum ‘O mundo está derrotado’ (2024, Tremendo Audiovisual) titúlase ‘De paseo en Portugal’. Este sinxelo, o primeiro dos tres que o público poderá escoitar paseniño antes do lanzamento do novo LP, estará dispoñible a partir do 27 de novembro nas principais plataformas dixitais e contará cun vídeo de animación dirixido por Xaime Miranda. Un tema pop, cun estribillo luminoso e catártico, que dá boa conta de todo o que virá desde o comezo de 2026.
SINXELO ‘DE PASEO EN PORTUGAL’ , DE FAMILIA CAAMAGNO